ARTESANÍA SOSTIBLE

Elderwood Straws Artesanía Sostible
As palletas de saúco, unha alternativa duradeira e sostible ás palletas de plástico, envasadas nunha bolsa de algodón orgánico
Pratos-naturais

MADEIRA DE PROXIMIDADE E CERTIFICADA

Tentamos empregar madeiras do noso entorno máis próximo. Tendo bosques excelentes a poucos pasos do noso taller, por qué a imos traer doutro lugar e contaminar máis co seu transporte? En moitos casos empregamos, para pezas pequenas , madeira de podas  ou que debido ao seu tamaño non se podería empregar noutras industrias e serían descartadas. E cos recortes que nos sobran facemos pezas ainda máis pequenas. Tentamos xerar a menor cantidade de residuos .

Ademais, as madeiras que empregamos proceden de explotacións madeireiras con certificado de sustentabilidade . Os nosos devanceiros explotaron a madeira durante séculos sen danar o bosque, seguimos o seu exemplo. Queremos que o noso entorno sega como está durante moitos séculos máis. A nosa pegada non pode ser a deforestación, senón unha relación sostible coa natureza.

A nosa proposta (3)

AQUÍ NON SE TIRA NADA !

Reutilizamos todo o que podemos e axudamos aos nosos clientes a facelo. Os nosos envíos están protexidos coas labras da madeira xeradas no torneado, que logo poden usarse no xardín ou nun testo para manter o chan húmido e evitar o crecemento de malas herbas sen usar herbicidas. Nos nosos envoltorios empregamos tecidos, preferentemente algodón orgánico ou restos da industria téxtil, redes de pesca reutilizadas …  Todo o que se nos ocorra pode ser útil para que o cliente non teña que tiralo. O mellor lixo é o que non se xera.

1.- VA0204NC (a)

PEZAS FEITAS PARA DURAR

Os nosos utensilios de cociña teñen un tratamento que facilita a súa limpeza e é seguro para os alimentos garantindo que, se os coidas, as nosas pezas durarán moito tempo. O uso intensivo que fan deles os restaurantes cos que traballamos demostrao. Non creamos utensilios desbotables nin que se estraguen despois duns poucos usos. Ti decides se paga a pena pagar un pouco máis por ter unha peza na casa que durará moito.