Neste comezo de ano, moitos de vos teredes alguna das pezas Atalanta nas vosas casas. Mil grazas pola grande acollida que tiveron as nosas propostas de agasallos.

Imos adicar este primeiro post do ano a darvos uns consellos para coidalas e para que vos duren moito

As pezas que facemos son de bidueiro, freixo e faia e tamén de taboleiro mariño de bidueiro. Os consellos de conservación están condicionados polo material de cada peza así coma polo tipo de acabado aplicado.

Comezaremos a falar da artesa que foi, sen dúbida, a estrela do pasado Nadal. Moitos de vós rendédesvos aos encantos dunha peza que, ao tempo que nos lembra ás avoas que fan o pan, permítenos servilo na mesa.

Como saberedes os que xa a esteades disfrutando, está feita de taboleiro mariño e a tapa-bandexa ten as asas de coiro. Inclúe tamén unha pa de fariña de bidueiro que se remata cun verniz certificado para uso alimentario, igual que a artesa.

Imos cos consellos de limpeza e conservación:

A base da artesa pódese lavar con auga e xabón e unha esponxa suave como a pa da fariña. En canto á tapa da bandexa, ao ter asas de coiro, é recomendable limpala cun pano húmido, sen metela debaixo da auga corrente, para non danar o coiro nin os parafusos.

Estes consellos de conservación son tamén aplicables ós pratos e as táboas e, para que os teñades sempre á man, en Atalanta preparamos unhas fichas ben xeitosas:

PRATOS, TÁBOAS E CUNCOS

Feitas en bidueiro, faia, castiñeiro ou taboleiro mariño, comezan a formar parte do “fondo do armario” das vosas casas.

consellos para pratos, táboas e cuncos

CREBANOCES

Corpo de freixo e parafuso de bidueiro, esta peza é un clásico contemporáneo.

consellos para conservar un crebanoces de madeira

XABOEIRAS

Engadíronse ao noso catálogo o ano pasado. Están feitas en madeira ou taboleiro mariño de bidueiro e rematadas cun produto específico para o ambiente húmido do baño que permite que a madeira “respire”.

consellos para conservar as xaboeiras de madeira

ROLOS E ESPÁTULAS

Feitas en madeira de faia (os rolos) e de bidueiro (as espátulas), son un elemento práctico e imprescindible na cociña.

Ci¡onsellos para conservar rolos e espátulas de madeira

PALLAS REUTILIZABLES DE SABUGUEIRO

A proposta máis natural e biodegradable para substituír as dun só uso.

Consellos para conservas as pallas de sabugueiro

Nunca se sabe onde vai estar a inspiración!.

A comezos de ano escoitei na radio a palabra hatillo. É una palabra en desuso e en galego dise fato, vurullo ou atado.

Fai referencia ó pano (xeralmente feito de camisas vellas) nas que se levaba a parva ou a merenda ós longos xornais de traballo no campo.

Nese momento eu andaba coa cabeza en novos deseños de xaboneiras (una delas en forma de botón xigante) e comecei a darle voltas á posibilidade de facer “algo” con tea.

O mundo da costura non me é alleo posto que a miñai foi costureira durante máis de 30 anos e a miña infancia transcurriu debaixo dunha, para min enorme, mesa onde cortada tódalas portes dos vestidos, saias….

Dado que a industrial textil é a máis contaminante só por detrás da petroquímica, o tecido a empregar neste novo proxecto debía ser o máis respetuosos co medio posible.

Co atado rondando pensei nunha peza que servise para ir de picnic:

Pano reaproveitado…mantel para as comidas campestres….pano anudado en cruz…..pano dos vagamundos…

E foi así como xurdiron as bolsas-mantel de picnic Esquío, Cuco e Xoaniña

Esquío
Cuco
Xoaniña

Uns fermosos manteis de picnic convertibles en prácticas bolsas de transporte na que poder levar a comida e o menaxe.

O mantel do conxunto Esquío lembra ás antigas teas raiadas dos colchóns e provén de restos de fabricación mentres que os manteis Cuco e Xoaniña están feitos en Vichy 100% algodón con certificado Standard 100 by Oeko Tex ™ que lle permite aos fabricantes de textil demostrar a idoneidade dos seus produtos nunha produción sostible e ecolóxicamente seguros para os seres humanos.

O cordón empregado está feito con fibras recicladas.

Para identificar de xeito sinxelo os extremos por onde se forma a bolsa, púxenlles uns botóns torneados en madeira de magnolio grandiflora.

Pódese escoller entre 3 propostas:

Esquío (enlace á tenda en galego)

1 Bolsa-mantel de picnic con raias grises e tella (60 x 60 cm)

2 Pratos Aire Ø20 cm madeira de faia

2 Cuenquiños bidueiro

1 Bolsiña para gardar os cuenquiños (14 x 18 cm)

Perfecto para un picnic en parella

Cuco :

1 Bolsa-mantel de picnic en cadros de Vichy mostaza (50 x 50 cm)

1 Prato Mar Ø 16 cm madeira de bidueiro

1 Cuenquiño bidueiro

1 Bolsiña para a merenda (16 x 20 cm)

Ideal para  una tarde de merenda no parque.

Xoaniña :

Bolsa- mantel de picnic en cadros de Vichy vermello (60 x 60 cm)

Imprescindible para unha escapadiña ó teu lugar secreto favorito.

Logo dos pantalóns desmontables, as saias-pantalón e as bata-mantas, en Atalanta Madera propoñemos a bolsa-mantel e a disfrutar  ó aire libre!

Que vivan as pezas convertibles!!!!!

Esta nova proposta chamou a atención de La Voz de Galicia

Un camiño novo.

Cando no 2019 puxemos en marcha a páxina web anterior, só buscabamos un simple escaparate no que amosar o noso traballo. Nada máis. Pasaron escasamente dous anos e as cousas cambiaron … e de que xeito!

Temos a sensación de que pasou moito máis tempo: feiras profesionais, unha repercusión inusitada do noso traballo (que endexamais agradeceremos o suficiente), unha pandemia mundial (como non!, nós tamén sufrimos e moito as consecuencias económicas da mesma), colaboracións con moita xente (especialmente con María de Maruxio ) e unha nova necesidade: ter unha tenda en liña.

Conxuntos da colaboración SuMaS con Maruxío

Foron varios meses de duro traballo. Comezar unha tenda en liña non é doado. Tivemos que aprender moitas cousas, sacar centos de fotos dos nosos produtos, incorporar produtos novos , escribir textos e rodearnos de persoas que colaboraron connosco no concepto da web, o deseño e a posta en marcha, nas imaxes … foi un traballo en equipo, como deberían ser todos os traballos, con cada persoa aportando o que mellor sabe facer e queremos destacar o traballo de Patricia Figueiras na fotografía e de Javier Rocamora no deseño e implementación do novo sitio web. Non “encargamos” que nos fixeran unha web. Creamos unha web. Modesta, segundo as nosas posibilidades, pero que cremos que consegue reflectir ben o que somos e o que facemos.

A fotógrafa Patricia Figueiras sacando fotos para a nova web. Ao fondo, o río Ulla.

Este camiño que comezamos agora supón tamén a necesidade de contar os procesos do noso traballo diario. Moitas veces, cando vemos algo que nos gusta moito, pode parecernos que xurdiu como por arte de maxia, que foi concebido dese xeito. Nada máis lonxe da realidade: hai moitas probas e moitas reflexións detrás. Iso é algo que tamén queremos amosar aquí.

Chip de madeira de bidueiro
Labras de madeira de bidueiro, un subproduto do torneado que empregamos para protexer as pezas nos envíos

Unha longuísima tradición familiar nos aporta a esencia do noso traballo, amais dunha coherencia co noso entorno e cos nosos principios de vida que explican moitas das nosas pezas. Deixamos poucas cousas ao chou: pensamos en todas as fases do produto e queremos que o disfrutes do mesmo xeito que se desfrutan as comidas cociñadas a lume lento: coma se non deran traballo. Pero non é así. Ao longo desta páxina web atoparás máis que produtos, atoparás historias, procesos, militancia … autenticidade. Outros teñen que inventar historias para o departamento de marketing, nós traémolas postas.

Pop-up stand para Artesanía de Galicia

Pero, por riba de todo, traemos un oficio que nos apaixoa e que queremos preservar, feito cun material nobre que leva acompañado ao home dende a noite dos tempos e que está de plena actualidade.

Agardamos que vos guste o noso novo sitio web e desfrutedes de todo o seu contido … que por suposto non remata aquí. Haberá novos produtos, moitas máis historias que contar, moita máis xente coa que colaborar. Seguimos traballando para elo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies