crebanoces cilíndrico

18,00 IVA incluido

En Stock

Crebanoces de parafuso cilíndrico en madeira natural de freixo e bidueiro. Altura 12 cm, Ø 5,8 cm. Acabado en aceite de calidade alimentaria

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos gratuitos a partires de 80 € de compra. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
SKU: CREBRANOCES Categoría:

Descripción

O CREBANOCES DA TATE

A historia de como desde unha pequena aldea de menos de 500 habitantes dun recuncho de Galicia, un obxecto de só 12 cm de alto e apenas 6 cm de diámetro chegou a unha das tendas que marcan tendencia no mundo , é unha mestura de talento e azar.

Esta peza de freixo e bidueiro que tanta alegría nos deu xurdiu máis como unha necesidade práctica que como un exercicio de deseño. Sempre nos gustaron os froitos secos, pero non os aparellos que había no mercado para rompelos. Cal é a solución lóxica para unha torneira?: facersemo seu propio crebanoces. A diferenciación sempre foi un selo distintivo do noso obradoiro. Para iso tivemos que comezar por “darlle unha volta” (nunca mellor dito, no noso caso). Optamos por un deseño redondeado para que fose máis sinxelo suxeitar o crebanoces na man. Para que tivese un tacto suave, rematamos a peza con aceite que, á súa vez, axuda a manter o parafuso en perfecto estado.

A historia de como chegou a Londres é un pouco máis complexa: en setembro de 2017 os nosos pratos de madeira e os crebanoces viaxaron ao London Design Festival da man da marca Artesanía de Galicia xunto con pezas doutros artesáns galegos. Froito da participación nesta feira, no outono chegou un pedido destas pezas dunha tenda de Londres: Momosan Shop.

En marzo de 2018, a Fundación Artesanía de Galicia comentounos que os nosos crebanoces estaban á venda na Tate Edit!, a tenda da Tate Modern Gallery de Londres que ten acceso propio dende a rúa.

Non o podíamos crer! Como foi iso posible? Quen o levou alí? A resposta foi sinxela: os responsables da Tate Edit pediron a diferentes tendas de referencia de Londres que elixisen, entre os artigos que tiñan á venda nas súas tendas, aqueles que considerasen representativos do deseño contemporáneo. E Momosan Shop escolleu o noso crebanoces.

Información adicional

Peso 150 g
Dimensións 5.8 × 5.8 × 12 cm

Instrucións de conservación

CREBANOCES

1.- Non lave este crebanoces con auga.

2.-Limpar os restos das cascas cun pincel.

3.-Pasar puntualmente un pano humedecido en aceite pola rosca

4.- Manter o crebanoces lonxe de calquera forma de calor.

Este produto está cuberto cun aceite específico para uso alimentario segundo o Regulamento europeo n.o 1907/2006, anexo II; modificado polo Regulamento no 453/2010

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies