€82,00 IVA incluido
Conxunto “Callobre” composto por unha artesa-paneira cuxa tapa se converte nunha bandexa con asas de coiro, unha pa de fariña, unha caixa de rebolos, un bote de pastas veganas (do obradoiro Maruxío galletas) e unha bolsa da compra serigrafiada artesanalmente.
Conxunto agasallo da colección SuMaS 2021 composto por:
* 1 artesa-paneira cuxa tapa se converte nunha bandexa.
* 1 pa para a fariña.
* 1 caixa de galletas de avea e chocolate de Maruxío galletas (250 gr.)
* 1 bote de vidro de pastas con mermelada de sabugueiro de Maruxío galletas (150 gr.)
* 1 bolsa da compra serigrafiada artesanal no Obradoiro de Impresión Amorote Printing Workshop de Ames (A Coruña)
A artesa-paneira (32 x 22 x 12 cm cerrada) está feita en taboleiro mariño de bidueiro e rematada cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a súa limpeza.
A tapa convértese nunha práctica bandexa (30 x 20 x 1,5 cm por dentro) con asas de coiro.
A pa de fariña (20 x 7 cm) é de madeira de bidueiro e está rematada cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a súa limpeza.
A bolsa da compra (38 x 50 x 14 cm) é de algodón 100 % cunha parte superior de rede e unhas cómodas asas.
Conxunto vegano.
Antes de empregar a artesa por primeira vez, é recomendable limpala cun pano húmido e despois secala.
Peso | 2200 g |
---|---|
Dimensións | 32 × 22 × 12 cm |
<