Conxunto “LANDRA” (bandexa + prato de madeira estarcido + rebolos e pastas de Maruxío)

53,00 IVA incluido

En Stock

Pack “Landra” composto por unha bandexa con asas de coiro, un prato de madeira de Ø 16 cm estampado en verde, unha caixa de rebolos e un bote de galletas (galletas Maruxío) e un mantel de cadros Vichy vermello de 60 x 60 cm.

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos gratuitos a partires de 80 € de compra. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
SKU: LANDRA Categoría:

Descripción

Conxunto agasallo da colección SuMaS 2021 composto por:

* 1 bandexa de 37 x 22 x 2,5 cm (exterior) con asas de coiro.

* 1 prato Ø 16 cm en madeira de bidueiro e estarcido en verde con motivo de follas de carballo e froitos.

* 1 caixa de rebolos de abelás e chocolate (250 gr.).
* 1 bote de vidro de anacardos con chocolate (150 gr.).
* 1 mantel Vichy vermello 60 x 60 cm.

A bandexa (32 x 20 x 1,5 cm no interior) está feita de taboleiro mariño de bidueiro.

O prato está feito en madeira de bidueiro e estarcido polo obradoiro Amorote Printing Workshop en Ames (A Coruña).

A bandexa e o prato están rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza.

As pastas e os rebolos están elaboradas por Maruxío galletas.

O mantel está feito artesanalmente en Galicia con tecido 100% algodón certificado Oeko-Tex ® Standard 100.

Información adicional

Peso 1500 g
Dimensións 37 × 22 × 2.5 cm

Instrucións de conservación

BANDEXA E PRATO.

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar lavalouza).

2.- Non cortar na superficie para evitar raiar.

3.-Gardala nun lugar sece e sen humidade.

4.- Non deixar nunca sumerxida en auga nin sobre superficies húmidas.

Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo no 10/2011.

MANTEL VICHY

1.- Lavado normal a 30º.

2.- Non usar lixivia.

3.- Planchar a baixa temperatura (Máx. 110º)

4.- Limpeza en seco, calquera disolvente, agás o tricloroetileno.

5.- Non se pode secar en secadora

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies