€58,00 IVA incluido
Pack “Outeiro” composto por unha bandexa con asas de coiro, un prato de Ø 16 cm, un cunco de madeira, un crebanoces, unha caixa de rebolos veganos (Maruxío galletas) e un mantel Vichy vermello de 60 x 60 cm.
Conxunto agasallo da colección SuMaS 2021 composto por:
* 1 bandexa de 37 x 22 x 2,5 cm (exterior) con asas de coiro.
* 1 prato de Ø 16 cm en acabado natural.
* 1 cunco de madeira de bidueiro Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm.
* 1 crebanoces de madeira de freixo.
* 1 caixa de rebolos de avea e chocolate (250 gr.)
* 1 mantel de cadros Vichy vermello 60 x 60 cm elaborado por un taller artesanal local.
A bandexa (32 x 20 x 1,5 cm no interior) está feita de taboleiro mariño de bidueiro.
O prato e o cunco son de madeira de bidueiro e están rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a súa limpeza (ó igual que a bandexa).
O crebanoces está feito de madeira de freixo (o corpo) e de bidueiro (o parafuso). Está rematado cun aceite específico para uso alimentario.
O mantel está confeccionado en algodón 100% con certificado Oeko-Tex ® Standard 100.
Conxunto vegano.
Peso | 1500 g |
---|---|
Dimensións | 37 × 22 × 2.5 cm |
<