Vaixela de madeira “ANDURIÑA” (2 servizos)

79,50 IVA incluido

En Stock

Vaixela “Anduriña” (2 servizos) de madeira de faia e bidueiro. Composto por: 2 pratos “Mar” de 16 cm de diámetro, 2 pratos “Mar” de 22 cm de diámetro, 2 espátulas “Mini” e 2 cuncos.. Acabado cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos gratuitos a partires de 80 € de compra. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
SKU: VA0402MN Categoría:

Descripción

Vaixela de madeira composta por:

*2 pratos de media ración “Mar” (16 cm de diámetro) en madeira de bidueiro

*2 fontes “Mar” de 22 cm de diámetro en madeira de faia

* 2 espátulas “Mini” en madeira de bidueiro

*2 cuncos de Ø 6,5 cm e altura 5,5 cm en madeira de bidueiro. Perfecto para conter calquera tipo de comida ou bebida. É ideal para tomar café, licores ou tamén para servir marmeladas, guacamole, patés, hummus… Conxunto ideal para un brunch de fin de semana.

Todas as pezas que compoñen o conxunto son naturais, rematadas cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza. Consulta os consellos de conservación.

Como é un produto artesanal feito con madeira natural, as cores da madeira sempre son lixeiramente diferentes.

Información adicional

Peso 730 g

Instrucións de conservación

PRATOS E TÁBOAS

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar lavalouza).

2.- Non cortar na superficie para non raiar.

3.-Gardaos ben secos e nun lugar sen humidade.

4.- Non os deixes nunca en auga nin sobre superficies húmidas.

Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo no 10/2011.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies