Vaixela de madeira “POMBA” (2 servizos)

64,00 IVA incluido

En Stock

Vaixela “Pomba” (2 servizos) de madeira de bidueiro e faia composta por: 2 pratos de pan de 12 cm de diámetro; 2 pratos de porción de 20 cm de diámetro e 1 prato de 24 cm de diámetro, todos eles do modelo “Aire”. Acabado cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza.

Hai existencias (pode reservarse)

Envíos gratuitos a partires de 80 € de compra. O tempo normal de envío é de 24-48 horas dende que o teu pedido estea preparado. Utilizamos a viruta de madeira do torneado para protexer os produtos dentro da caixa. Non a tires! A viruta de madeira é perfecta para colocala sobre as túas macetas e conservar mellor a humidade.
SKU: VA0302AN Categoría:

Descripción

Vaixela de madeira composta por:

*2 pratos de pan de 12 cm de diámetro en madeira de bidueiro natural

* 2 Pratos de porción de 20 cm de diámetro en madeira de faia natural

*1 Fonte de 24 cm de diámetro en madeira de faia natural

Todos eles do modelo “Aire” e rematados cun verniz certificado para uso alimentario que facilita a limpeza. Consulta os consellos de conservación.

Como é un produto artesanal feito con madeira natural, as cores da madeira sempre son lixeiramente diferentes.

Información adicional

Peso 850 g

Instrucións de conservación

PRATOS E TÁBOAS

1.- Lavar con xabón suave e esponxa (non usar lavalouza).

2.- Non cortar na superficie para non raiar.

3.-Gardaos ben secos e nun lugar sen humidade.

4.- Non os deixes nunca en auga nin sobre superficies húmidas.

Estas pezas están rematadas cun verniz específico para uso alimentario segundo o Real Decreto 847/2011 e o Regulamento Europeo no 10/2011.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies